Se convocan los I Premios de Investigación y Divulgación del Instituto de...

Se convocan los I Premios de Investigación y Divulgación del Instituto de Estudios Masónicos de Galicia

Instituto de Estudios Masónicos de Galicia
Con la colaboración da Facultade de Historia do campus, convócanse os I Premios

Este venres presentouse no campus de Ourense a primeira convocatoria dos Premios de Investigación e Divulgación do Instituto de Estudios Masónicos de Galicia, nos que colabora a Facultade de Historia. O obxectivo desta iniciativa é estimular o estudo dos aspectos históricos e sociolóxicos do papel da masonería na Península Ibérica, e en Galicia en particular, ao longo dos 300 años da súa historia e, en xeral, fomentar o coñecemento da masonería entre a cidadanía. A obra gañadora recibirá 1000 euros e será publicada pola entidade organizadora.

No acto de presentación do certame participaron Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia; Ricardo Aldao, presidente do Instituto de Estudios Masónicos de Galicia, e Adolfo Zabala, gran mestre da Gran Loxa Provincial de Castilla. Da iniciativa, Susana Reboreda salientou como está aberta non só ao alumnado do centro senón en xeral e como naceu da publicación por parte do Instituto de Estudios Masónicos de Galicia de dous traballos fin de grao presentados nesta facultade sobre dous masóns ourensáns, Benito Cancela e Manuel Suárez. Pola súa banda, Ricardo Aldao subliñou como estes premios permitirán “profundar nalgo moi pouco estudado como é a masonería e dar a coñecela á sociedade”. “Non temos que ocultarnos”, recalcou Adolfo Zabala, facendo explicando en como na actualidade a masonería traballa por abrir as súas portas aos “profanos”. Durante o acto tamén se fixo entrega a Alberto Valín, profesor da Universidade de Vigo experto en masonería, dun diploma de nomeamento como socio de honra do Instituto de Estudios Masónicos de Galicia, en recoñecemento ao seu traballo investigador neste eido.

Ata o 15 de xullo

Segundo recolle a convocatoria presentada este venres, con esta iniciativa os seus promotores queren “premiar accións destacadas no ámbito da investigación e a divulgación científica, que contribúan a interesar ás novas xeracións de investigadores no papel histórico xogado pola masonería e por destacados masóns”. Deste xeito, poderán presentarse traballos de fin de grao, traballos fin de mestrado, teses de doutoramento ou contribucións científicas de alto impacto publicadas nos dous anos anteriores á convocatoria do premio. As bases do certame especifican diferentes liñas de interese, como son a investigación e divulgación sobre a masonería especulativa; sobre os ritos masónicos e a súa simboloxía; sobre aspectos relacionados coa masonería operativa; sobre o dereito masónico, entendido como o conxunto de manuscritos e constitucións que deron lugar ás distintas obediencias da masonería actual; sobre a historia da masonería na Península Ibérica en xeral e de Galicia en particular e sobre a represión da masonería no século XX en España.

O premio está dotado economicamente con 1000 euros por parte do Instituto de Estudios Masónicos de Galicia e da Gran Loxia Provicial de Castela e tamén inclúe a publicación da obra gañadora por parte da entidade organizadora. O xurado poderá conceder accésits, que se ben non terán dotación económica si inclúen a publicación das obras gañadoras. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 15 de xullo de 2018.

 

Más info en el siguiente link